¡ Benvidos á Marcha BTT & Trail do Concello de Nigrán. !
A Peña Ciclista Val Miñor invítavos a participar e disfrutar desta nova edición da "Marcha BTT & Trail Concello de Nigrán".
Compartindo
con todos vos a maravillosa afición ó mountain bike adicamos ilusión e
esforzo para que nos acompañedes na experiencia de pedalear neste
fantástico entorno natural e paisaxístico que, dentro do Val Miñor,
ofrece o Concello de Nigrán.
A
marcha BTT & Trail Concello de Nigrán é ante todo unha marcha de amigos, onde o
único realmente importante é participar e disfrutar dunha paisaxe que
fusiona mar e montaña para practicar un deporte que exixiranos esforzo,
habilidade, capacidade de superación e respeto a natureza.
Integrado
no Val Miñor, nas proximidades de Vigo, o Concello de Nigrán defínese
coma unha excelente enclave turística pola calidade duns areais
protexidos da bravura do mar polas Illas Cíes, iconos indiscutibles do
Parque Natural das Illas Atlánticas, por unha climatoloxía excepcional,
moderada na inmensidade dos montes que o rodean, e polas súas xentes
sempre dispostas a ofrecer ó visitante o millor desta terra.
Na
Peña Ciclista Val Miñor, adicados con pasión á práctica do BTT, tomamos
conciencia de que o máis descoñecido deste entorno son as emocións que
se recollen ó visitar os rincóns, únicos e maravillosos, que se agachan
nos seus bosques. Entón tivemos a necesidade de compartilo con vos así
que puxémonos na laboriosa tarea de organizar esta Marcha.
Queremos
agradecervos o ánimo que dades en cada nova edición, porque vemos que o
noso pequeno esforzo vese recompensado coa cada vez maior aceptación e
expectación que vai tendo a Marcha entre os aficionados ó BTT. Un ano
máis esperamos non defraudarvos e que disfrutedes coma nunca.
Cómo chegar a Marcha BTT Concello de Nigrán |
Situado ao sur da provincia de Pontevedra, o Concello de Nigrán dista
98 km de Santiago de Compostela por autoestrada, 20km. sepárannos da
fronteira portuguesa e 12km. de Vigo, a urbe máis importante de Galicia.
O seu enclave xeográfico e as excelentes comunicacións fan de Nigrán un
lugar privilexiado.
Pódese chegar pola autoestrada de peaxe AG57 que enlaza Nigrán e o
Val Miñor coa AP9 (autoestrada Coruña-Vigo-Portugal) e coa A52 (autovía
Vigo-Ourense-Madrid).
Tamén podemos chegar polas estradas C550 e C325 (estrada pola via)
que enlazan con Vigo, pola P0340 (Nigrán-Gondomar-Tui), pola P0341
(Porriño-Gondomar-Nigrán).
O punto de saída da Marcha e o pavillón de deportes de Panxón.
¡ Lembra:
ó 18 de outubro ás 9:15
saimos de Marcha BTT e ás 9:45 o Trail !
Para non vos perder podedes baixar o croquis que os deixamos aquí.
|
 |
O Perfil da Marcha BTT !
A "Marcha BTT Concello de Nigrán"
podemos definila coma unha ruta cunha dificultade media-alta ainda que é
perfectamente ciclable.
A Marcha empeza no pavillón de
deportes de Panxón as 9:15, onde prácticamente saímos ó nivel do mar, e
transcurre polos montes das parroquias de Camos, Chandebrito, Parada,...
O percorrido ten unha lonxitude
duns 40km, alcanza una altitude máxima de 395 metros, e o punto de maior
desnivel ten unha pendente dun 25,8%. Estimamos que, en condicións
normais, débese facer entre as 4 é 3 horas e media.
O Perfil do Trail !
O "Trail Concello de Nigrán" podemos definilo como unha ruta cunha dificultade media e perfectamente realizable.
O Trail empeza no pavillón de deportes de Panxón as 9:45, onde pŕacticamente saímos ó nivel do mar, e transcurre polos montes das parroquias de Parada, Vilaza, Camos...
O percorrido ten unha lonxitude duns 22km, alcanza una altitude máxima de 362 metros, e o punto de maior desnivle ten unha pendente dun 34%. Estimamos que, en condicións normais, débera facer entre as 3 é 2 horas e media.
Servizos |
Grazas a xenerosidade e apoio de todos os nosos patrocinadores e colaboradores para a realización da marcha dispomos de:
- Servizos de primeiros auxilios e ambulancia
- Lavado de bicicletas ó finalizar a marcha
- Vestuario con duchas
- Avituallamentos
- Asistencia mecánica en ruta.
|
Ruta de Sendeirismo
Para aqueles que o desexen o Concello de Nigrán organiza una actividade de sendeirismo coincidindo coa celebración da marcha e Trail.
Sairase do Pabillón de deportes de Panxón as 9:30 para percorrer a ruta 13 kilómetros de dificultade media-baixa para a que se estiman unhas 3 horas e media.
A inscrición poderá facerse cubrindo o formulario que se atopa non siguinte apartado.
Participa na campaña "un kilo, un sonriso".
Trae a Marcha Nigran BTT 1Kilo de alimentos non perecedeiros.
Doarémolo a CARITAS-RAMALLOSA e entre todos axudaremos ós que están máis necesitados.
Inscricions e regulamento
A inscrición poderá facerse:
- Ata o mércoles 14 de outubro mediante preinscrición cubrindo o formulario que se atopa na páxina web https://championchipnorte.com Poderase facer o pago na mesmo momento da inscripció o facer un ingreso e mandar un correo a marchanigran@gmail.com e debendo tamén presentar copia do ingreso o día da marcha. O ingreso farase a favor da Peña Ciclista Val Miñor e sempre indicando Nº DNI del participante na seguinte conta:
ABANCA: 2080 5052 17 3000157065 IBAN: ES0420805052173000157065
- Prezo 9€ para BTT & Trail (seguro incluído)
- O día da Marcha ninguén poderá inscribirse.
- La recogida de dorsales será a partir de las 8:30 en el pabellón de salida.